We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

sé [mente de vencer]

by o'leo de matamá

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
face a 23:36
a) 1. iso do si os sinos non tocaron / e inda é pola mañán / madruga para os pasos / e ponte a camiñar / nada tiveches nas túas mans / se algunha vez criches que si / foron cadeas nada máis / de ouro ou ferros, nons ou sis / de aquí a máis alá / a terra é toda para ti // sen o nó do non / sen iso do si / non somos se non / o sino, non si? // non si que agora mesmo / o aire do mencer / revólveche os cabelos / ser libre éche o que ten / podes tirar pra aquí ou pra alí / podes ser quen ti queiras ser / ter os principios como fin / a enésima primeira vez / plantáreste sen fin / para ser mente de vencer // alanca polas leiras / asáltalle os frutais / aos ricos, a quen queiras / apréndelle a saltar / os marcos das explotacións / agora son conceptuais / o monstro non é o narrador / de todo o que che está a pasar / non veñas coa mesma canción / respira, empeza a improvisar //non a... 2. non e telo, telo todo ti / e non o queres dar, non tal / non ho / e lo de vello hasme dicir / se podemos compartir / o sol / onda min non vas estar / podes telo todo e mais / non terás perdón / non // cando miro para ti / dáme por pensar que si / que boh / que non che hai máis para onde ir / sempre acabamos por vivir / nunha prisión / pro pra min é o corazón / e pra ti é un caparazón / sabes que é o amor? / sabes o do amor? / sabes do amor? / si ou non? // e éche igual mil ca un millón / de ouros, vivos, mortos / ou cancións / e ladro, ladro o meu rancor / pero ti inda es o máis / ladrón / deste lado do terror / aínda somos máis ca vós / e non hai rendición / non 3. son un piñeiral xa dendes de vicente risco / sabotaban a castelao / fixeron do nacionalismo / algo máis ca un oficio / co que especular / e é que ao fin e ao cabo o abeliño / e caín tamén eran irmáns / amarme, amaime, amádeme / son un liberal / fun nacionalista / logo nacional // pra combater o fascismo / a socialdemocracia é o tal / contra o nacionalsocialismo / piñeiro coa cia / e con scotland yard / contigo pariu, ramonciño / o psoe un psdg / amalo, amaino, amádeo / era un liberal / mutou o galeguismo / en tumor cultural // con carlos casares, garcía / sabell ou benxamín casal / abrazan un estatutiño / de autoagonía constitucional / postiños para os galeguiños / en galaxia, o cirp e o ccg / amalos, amainos, amádeos / son uns liberais / é o piñeirismo / institucional // e cando prenderon ao ferro / a rag era xa un piñeiral / só renunciou manuel maría / entre a f e a u sempre houbo un pg / de fernández del riego á academia / inda hai máis, hai un ppdg / a caverna de tabernas / é dos liberais / coma o parlamentiño / e a tvg // nos 80 pra nós xa era tarde / pero non para a trepa-nación / con albor e con fraga iribarne / a normalización sae nun diñeiral / repartido entre comprar aos medios / e manter a crtvg / amalos, amainos, amádeos / son os liberais / é o proteccionismo / neoliberal / o triángulo inscrito no círculo / tédelo que amar // xacando veu o bipartito / marisol, que non daba pra máis / pero ao gañar frijolito / abducides ao anxo lorenzo e aí o vai / cun decreto de plurilingüismo / declarado inconstitucional / amalo, amadlo, i'm loving it / he's a liberal / viva o cosmopaletismo / e o aldeán global // maréame ese compromiso / por galicia e mais co capital / freixanes dille a monteagudo / alfa omega, abc e ferrín fóra da rag / co consello, o piñeiro e o ilga / charo, ferro, villares e xs máis / haivos que querer así / sodes liberais / máis ca neopiñeirista / galicia! / cada día máis linda máis linda / cada día mellor e mellor / é un piñeiral 4. camarada viña un día de decembro / do turonio a matamán / polo monte a conducir / do san campio ao cemiterio / que hai alí // abeirando o monte alba / pola banda do solpor / a ras por diante de min / pola estrada contra a esquerda / auñaches ti // mirei e eu ía a 50 / polo asfalto / pero ti / antre toxos, fentos, xestas / ías polo monte adiante / a par de min // compañeiro porco bravo / camarada xabaril / porco fero, meu irmán / cocho bravo, meu marrán / xabarín // foron só uns 50 m / 3’’, pouco máis / pero ollámonos de esguello / nun tris pra recoñecermos / como irmáns // eu no meu corpo de lata / e ti co teu / corpo de porco a alancar / eras ti eu sen a coiraza / desta vida que delata / o meu mal // bacuriñxs nos chamaba / meu pai a min e a miña irmán / pero teño a pel pelada / esquecéronme os pezuños / do animal // (...) xa pra min // que nunca fun branco abondo / tanto fun me embuligar / que quedei en medio cocho / non fun bravo e fun un porco / nada máis // enzoufado até a crina / na maseira do meu ser / aínda hai un tourón por dentro / desta freba brava e cocha / que son eu // contra o último cavorco / man a man, humano e porco / eu máis ti // dende agora até a fin / somos irmanciño ti / e eu descontra todo e todos / contra o mundo e sobre todo / contra min 5. o paseo anque estou preso na cárcel / non teño pena por eso / nin deixo de ser quen son / nin fun o primeiro preso // preso na cárcel estou / arrimado a unha columna / e ti non me vés a ver / corazón de pedra dura // ai, e na porta da cárcel / non te poñas a chorar / onde non me quitas pena / ai, non ma veñas a dar // aluméame, luíña / aluméame, luar / que me van a pasear
2.
face b 22:16
b) 6. x guerrilleirx when they crossed across the border / i was cautioned to surrender / this I could not do / i took my gun and vanished // i have changed my name so often / i have lost my wife and children / but i’ve many friends / and some of them are with me // an old woman gave us shelter / kept us hidden in the garret / then the soldiers came / she died without a whisper // there were three of us this morning / i'm the only one this evening / but I must go on / frontiers are my prison // oh, the wind, the wind is blowing / through the graves the wind is blowing / freedom soon will come / and we'll come from the shadows // les allemands étaient chez moi / ils me dirent, “résigne toi” / mais je n'ai pas pu / j'ai repris mon arme // j'ai changé cent fois de nom / j'ai perdu femme et enfants / mais j'ai tant d'amis / j'ai la france entière // un vieil homme dans un grenier / pour la nuit nous a caché / les allemands l'ont pris / il est mort sans surprise // ao pasaren pola raia / quixeron que me rendese / pero non me dei / collín a arma e funme / fun fume // tiven xa máis de cen nomes / xa perdín muller e fillxs / pero o meu fogar / é a terra toda // deunos unha vella acocho / no tellado da cachopa / fórona prender / morreu sen dar un chío // á mañán eramos 15 / somos só 3 esta noite / mais hai que seguir / pra nós non hai fronteira // un vento vén, aí vén o vento / un vento vén, por antre as tombas / vén a liberdá / sairemos de antre as sombras 7. blue monday ... hai un rumor que se converte / pouquiño a pouco en sons / entendes trump, bolsonaro, hungría, orbán / le pen, salvini, afd, vox / berras banzai / pero que mecagoindiós / cun kalashnikov de ar / lembras que pos / a cope pra espertar / pra pórte en pé é a millor // e vas / do colchón para o sofá / almorzas vendo ¿como o fan? / lavas os dentes, cospes, marchas / traballar / levantar / a nación // no choio / na hora do café / arrancas para o bar / la voz, el mundo / o correo, o abc / y el país de nada más / danlle a ue / ao fmi / e ao banco mundial / hache acordar / a morreres / na padiola / das urxencias / do hospital // e vés / de volta para traballar / xantas fozando na internet / lavas os dentes, cospes, marchas / pró sofá / topenear / no salón // volves en ti / co programa de ana rosa / bourando na tv / el casoplón / de irene y pablo es / de una herencia de un millón / non se ven / os millóns de refuxiadxs / lonxe de galapagar / florencia e nápoles / palermo e parma din / que as pateras pasarán / non pasa ren / que se as pateras pasan / non será por mediaset // e irás / tomar o pincho até o bar / que xa che val para cear / lavas os dentes, cospes, marchas / pró colchón / pra intentar / adormecer // viñeches / dar mirando o twitter / cun dato aterrador / 2018 / nunca ben durmiches / sen lle dares duro / ao alcol / 54 / mulleres, 2 nenos / 5 nenas, 6 por non / parella ou ex-parella / e 2 homes só // aquí // no estado español / remoes isto pra durmir / rinchas os dentes, cospes, manchas / co teu sono / o cobertor / do cabezal // e hai / hai uns sons que se converten / pouquiño a pouco en rumor / la voz, ol mundo, o abc / e ai / irene y pablo, un casoplón / millóns de euros ou persoas / e hai / millóns de mortes e cancións / mulleres, nenos / nenas, homes / e hai / twitter no estado español / algún remorso de existencia / e ai... 8. terra chao esta mañán / eu levanteime / na terra chá / e atopei ao invasor // ei, guerrilleira / quero ir contigo / pra a terra chá / porque me atopo aquí a morrer // e se eu morro / de guerrilleira / na terra chá / colle na man o meu fusil // cava unha foxa / lá na montaña / ou / na terra chá / ao abeiro dunha flor // e cando pasen / as guerrilleiras / da terra chá / han de dicir “que bela flor // esta é a flor / da guerrilleira / da terra chá / morta pola liberdá” 9. may may the beginning be the word / may it create heavens and earth / may no more in the name of god / be never even the first death / and may it all / be the basis of all faith / maybe the future of us all / maybe before it is too late / and may / we know // that’s the way to be loving ours / to believe in yours / to be loving all / and that’s the way / i’ll believe in ours / i’ll be loving yours / i’ll believe in you / all // may we practice the zakat / to be brethren in faith / thou shalt love thy neighbor / hood / as maybe you do love thyself / thou shalt not kill / maybe it’s like killing yourself / may we remember all in all / our beginning was the same / and may / there be / no more shame / ‘cause // i’ll believe in all / of you // may no more children fall asleep / not knowing if they will be dead / may our children get to know / maybe we’re killing their best friends / and may we all / find for us all a better way / to keep on being human beings / and the commandments of all faiths / and may / within it all / end hate // i’ll believe in all / gods 10. outubro 17 non hai máis novas da avangarda / ca as que nos dan pola televisón / como serán as barricadas / da dignidade al segle vinti-i-un? / non pasarán ás nosas aulas / aquí hai colexio electoral / que en democracia vaivos dar / unha lección // eu nunca vin un pobo en pé / se non cando berrase nunca máis / quedaron fotos das encrobas / e na memora o frente popular / son irmandiñxs da fusquenlla / tataravxs dun mártir de carral? / a dignidade desta terra / volverá // se algunha vez vin barricadas / foi o 1-O na televisión / 1000 barricadas de miradas / 155 represións / contra o poder non poden nada / cando se adxectivou de popular / xa se activou a madrugada / de mañán // lluis llach, abril 74 / sempre me emocionou esa canción / que di “quan guayem el combat” / falándonos doutra revolución / lonxe no tempo e mais no espazo / pero metida en cada corazón / pra quen souber que o ser humano / é ser / mos // lluís llach, abril 74 / tres meses antes, o ano en que nacín / que foi un 14-X / doutra revolución que nunca vin / pela revolução dos cravos / sei para sempre que sempre é abril / i octubre ara / i que tremoli / l’enemic 0. que que no principio fose a verba / que cree a terra e mais os ceos / que non haxa unha morte máis / ningunha no nome de deus / que sexa asi / a base igual de toda fe / futuro igual pra todxs nós / antes que non quedar ninguén / que / así é //así é como o miro eu / como lles quero aos meus / ou como creo nos teus / e así é / como creo nos meus / como lles quero aos teus / que podo crer en ti / e eu // que practiquemos o zakat / para nos ser irmxs de fe / que ames o próximo de ti / coma a ti mesmx e mais os teus / non matarás / que é matares un teu eu / tres credos e a mesma raíz / cristián, islámico, xudeu / que sexa así // ou así é / como o miro eu / ou como creo nos meus / como lles quero aos teus / e así é / como lles quero aos meus / ou como creo nos teus / como te quero a ti / meu // que xs nenxs non vaian durmir / sen non saber se van morrer / ou / saber se non imos matar / os millores amigos seus / e / ogallá / outro camiño pra manter / a nosa condición huma / na / e / os mandamentos de tres fes / que / así ha de ser // e así é / que podo crer en tres / deus

about

nesta fita fálase, por orde de aparición, de:

ti, os ricos, o monstro, vicente risco, castelao, o abeliño, caín, piñeiro, ramonciño, carlos casares, garcía sabell, benxamín casal, galaxia, o cirp, o ccg, o ferro, a rag, manuel maría, a f, a u, un pg, fernández del riego, a academia, un ppdg, nós, a trepa-naçión, albor, fraga iribarne, marisol, frijolito, anxo lorenzo, freixanes, monteagudo, ferrín, o piñeiro, o consello, o ilga, charo, ferro, villares, xs máis, galicia, un piñeiral, eu, un camarada, meu pai, miña irmán, unha amiga, un cabalo branco, compañeiras, compañeiros, o xabarín club, un tourón, unha freba brava e cocha, un preso, a luíña, un/ha guerrilleirx, they, wife, children, friends, 3 of us, an old woman, the soldiers, les alemands, femme, enfants, amis, la france entière, muller, fillas, a terra toda, 15, 3, trump, bolsonaro, orban, le pen, salvini, afd, vox, a cope, la voz, el mundo, o correo, o abc, el país de nada más, a ue, o fmi, o banco mundial, ana rosa, el casoplón, irene y pablo, xs millóns de refuxiadxs, as pateras, mediaset, 54 mulleres, 2 nenos, 5 nenas, 2 homes, o invasor, a guerrilleira, unha flor, as guerrilleiras, god, us all, ours, yours, you all, we, thou, thy neighbour-hood, thyself, yourself, all of you, children, our children, their best friends, human beings, all gods, un pobo en pé, as encrobas, o frente popular, xs irmandiñxs, a fusquenlla, un mártir de carral, mil barricadas de miradas, 155 represións, o poder popular, lluis llach, o ser humano, a revolução dos cravos, l'enemic, deus, todxs nós, ninguén, os meus, os teus, o próximo, ti mesmo, un teu eu, xs nenxs, xs millores amigxs, tres deus

credits

released November 27, 2019

todos os instrumentos (voz, harmónica, asubío, guitarra de 1/2, bombo, pandeireta, splash) tocados e gravados á vez pol’o’leo (leonardo enrique fernández campos).

gravada n’o tobo, no barrio de san lázaro (santiago scq), o 21 e 22/9/19, o 29/10/19 e o 3/11/19 en 14 fitas maxell udii.cd 46 chrome position nun 4 pistas fostex x-24.

mesturada e masterizada por mig seoane en estudios superbé en novembro de 2019.

todas as pezas foron armadas polo pobo, do que aquí o último elo é o’leo; xs penúltimxs, phil ochs en son un piñeiral, herminda miramontes e pradairo n’o paseo e leonard cohen n’x guerrilleirx; x antepenúltimx, anna marly e emmanuel d’astier de la vigerie, bernard, tamén n’x guerrilleirx.

asesoramento lingüístico para may, patricia janeiro. ogallá che fixese todo o caso ;)

fita física fabricada por edisco - editora de discos, lda. av. lidador da maia, 229 - 4425-116 aguas santas - maia. portugaliza

publicado o 27 de novembro de 2019 en arremecaghona.bandcamp.com, aos 79 anos de nacer bruce lee e os 77 de jimi hendrix.

contacto: arremecaghona@gmail.com

license

tags

about

arremecághona's produçións Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact arremecághona's produçións

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like sé [mente de vencer], you may also like: