We've updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

about

face a da fita cassette d'o'leo de matamá sé [mente de vencer]

lyrics

a) 1. iso do si os sinos non tocaron / e inda é pola mañán / madruga para os pasos / e ponte a camiñar / nada tiveches nas túas mans / se algunha vez criches que si / foron cadeas nada máis / de ouro ou ferros, nons ou sis / de aquí a máis alá / a terra é toda para ti // sen o nó do non / sen iso do si / non somos se non / o sino, non si? // non si que agora mesmo / o aire do mencer / revólveche os cabelos / ser libre éche o que ten / podes tirar pra aquí ou pra alí / podes ser quen ti queiras ser / ter os principios como fin / a enésima primeira vez / plantáreste sen fin / para ser mente de vencer // alanca polas leiras / asáltalle os frutais / aos ricos, a quen queiras / apréndelle a saltar / os marcos das explotacións / agora son conceptuais / o monstro non é o narrador / de todo o que che está a pasar / non veñas coa mesma canción / respira, empeza a improvisar //non a...

2. non e telo, telo todo ti / e non o queres dar, non tal / non ho / e lo de vello hasme dicir / se podemos compartir / o sol / onda min non vas estar / podes telo todo e mais / non terás perdón / non // cando miro para ti / dáme por pensar que si / que boh / que non che hai máis para onde ir / sempre acabamos por vivir / nunha prisión / pro pra min é o corazón / e pra ti é un caparazón / sabes que é o amor? / sabes o do amor? / sabes do amor? / si ou non? // e éche igual mil ca un millón / de ouros, vivos, mortos / ou cancións / e ladro, ladro o meu rancor / pero ti inda es o máis / ladrón / deste lado do terror / aínda somos máis ca vós / e non hai rendición / non

3. son un piñeiral xa dendes de vicente risco / sabotaban a castelao / fixeron do nacionalismo / algo máis ca un oficio / co que especular / e é que ao fin e ao cabo o abeliño / e caín tamén eran irmáns / amarme, amaime, amádeme / son un liberal / fun nacionalista / logo nacional // pra combater o fascismo / a socialdemocracia é o tal / contra o nacionalsocialismo / piñeiro coa cia / e con scotland yard / contigo pariu, ramonciño / o psoe un psdg / amalo, amaino, amádeo / era un liberal / mutou o galeguismo / en tumor cultural // con carlos casares, garcía / sabell ou benxamín casal / abrazan un estatutiño / de autoagonía constitucional / postiños para os galeguiños / en galaxia, o cirp e o ccg / amalos, amainos, amádeos / son uns liberais / é o piñeirismo / institucional // e cando prenderon ao ferro / a rag era xa un piñeiral / só renunciou manuel maría / entre a f e a u sempre houbo un pg / de fernández del riego á academia / inda hai máis, hai un ppdg / a caverna de tabernas / é dos liberais / coma o parlamentiño / e a tvg // nos 80 pra nós xa era tarde / pero non para a trepa-nación / con albor e con fraga iribarne / a normalización sae nun diñeiral / repartido entre comprar aos medios / e manter a crtvg / amalos, amainos, amádeos / son os liberais / é o proteccionismo / neoliberal / o triángulo inscrito no círculo / tédelo que amar // xacando veu o bipartito / marisol, que non daba pra máis / pero ao gañar frijolito / abducides ao anxo lorenzo e aí o vai / cun decreto de plurilingüismo / declarado inconstitucional / amalo, amadlo, i'm loving it / he's a liberal / viva o cosmopaletismo / e o aldeán global // maréame ese compromiso / por galicia e mais co capital / freixanes dille a monteagudo / alfa omega, abc e ferrín fóra da rag / co consello, o piñeiro e o ilga / charo, ferro, villares e xs máis / haivos que querer así / sodes liberais / máis ca neopiñeirista / galicia! / cada día máis linda máis linda / cada día mellor e mellor / é un piñeiral

4. camarada viña un día de decembro / do turonio a matamán / polo monte a conducir / do san campio ao cemiterio / que hai alí // abeirando o monte alba / pola banda do solpor / a ras por diante de min / pola estrada contra a esquerda / auñaches ti // mirei e eu ía a 50 / polo asfalto / pero ti / antre toxos, fentos, xestas / ías polo monte adiante / a par de min // compañeiro porco bravo / camarada xabaril / porco fero, meu irmán / cocho bravo, meu marrán / xabarín // foron só uns 50 m / 3’’, pouco máis / pero ollámonos de esguello / nun tris pra recoñecermos / como irmáns // eu no meu corpo de lata / e ti co teu / corpo de porco a alancar / eras ti eu sen a coiraza / desta vida que delata / o meu mal // bacuriñxs nos chamaba / meu pai a min e a miña irmán / pero teño a pel pelada / esquecéronme os pezuños / do animal // (...) xa pra min // que nunca fun branco abondo / tanto fun me embuligar / que quedei en medio cocho / non fun bravo e fun un porco / nada máis // enzoufado até a crina / na maseira do meu ser / aínda hai un tourón por dentro / desta freba brava e cocha / que son eu // contra o último cavorco / man a man, humano e porco / eu máis ti // dende agora até a fin / somos irmanciño ti / e eu descontra todo e todos / contra o mundo e sobre todo / contra min

5. o paseo anque estou preso na cárcel / non teño pena por eso / nin deixo de ser quen son / nin fun o primeiro preso // preso na cárcel estou / arrimado a unha columna / e ti non me vés a ver / corazón de pedra dura // ai, e na porta da cárcel / non te poñas a chorar / onde non me quitas pena / ai, non ma veñas a dar // aluméame, luíña / aluméame, luar / que me van a pasear

credits

from sé [mente de vencer], released November 27, 2019

license

tags

about

arremecághona's produçións Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact arremecághona's produçións

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like arremecághona's produçións, you may also like: