We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Karaoke, Über Alles

by arremecághona's produçións

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Xa levamos 3 letras do proxecto Municipalismo ou Barbarie. Velaquí as letras pra que escolladas a que máis preto da pataca (de Coristanco, enlomasondo) vos toque e a entoedes a soas na ducha ou no Luar diante de todo o xénero galego

lyrics

1. CORISTANCO, ÜBER ALLES
Eu son Antonio Pensado Plágharo
o candidato do PP
que estou de alcalde en Coristanco
creo que xa por sexta ves

Manuel Remuiñán Cançela
estivo antes de min tamén
con UCD, CPG, CP
e xa dende o 73
xa dende o 73!

Coristanco, Über Alles!
Über Alles, Coristanco!

que non sabe como é
que non ghobernemos nós
fomos só dous alcaldes
dende que hai eleuçións

xa cheghou a lus eléutrica
pero non a Transiçión
non nos faltan no conçello
nin enchufes nin ladróns

Coristanco, Über Alles!
Über Alles, Coristanco!

Pero no 2014
é que se torce a eleuçión
teño tres causas abertas
por presunta corrupçión
por abuso de influençias
e por prevaricaçión
outra máis que é por acoso
e outra por malversaçión
a secretaria do conçello
no se sabe de callar
que imPutados tamos moitos
no partido popular

Coristanco, Über Alles!
Über Alles, Coristanco!

2. BOIMORTO, ÜBER ALLES
Eu son José Balado Casal
con DI 76514858E
A Zanca, 24, Ordes
Santa Cruz de Montao, Queis

Gonzalo Concheiro [a] Coello
o candidato do PP
é aghora alcalde de Boimorto
porque me vendín a el
porque a min compráronme

Boimorto, Über Alles
Über Alles, Boimorto

De máis de 2000 boimortenses
votaron só polo PP
seiscentos e oitent'e sete
e 1248, non

Chamarlle a isto democracia
sequera representación
é un puto insulto á intelixencia
ou pensas que son parvo, oit'ó

Boimorto, Über Alles
Über Alles, Boimorto

Esta é unha estafa manifesta
contra a lei electoral
e o Pacto Antitransfuguismo
sociolisto-popular

Xosé Luís Rivas Cruz, o Mini
as pombas teñen que renovar
no municipio de Boimorto
a licenza pra voar

Sen tetos non hai paraíso
Josito Balado Casal
mandou Boimorto ao matadoiro
e as vacas quer mandar detrás
e as vacas quer mandar detrás

Boimorto, Über Alles
Über Alles, Boimorto

3. DINOSETO, ÜBER ALLES
Abel Ramón Caballero Álvarez
es un político español
que ejerce como alcade de Vigho
por el PsdG-PSOE

Iso é o que pon na Wikipedia
pero con esta cançión
vouvos contar en catro estrofas
quen vén sendo Abel Ramón

DINOSETO, ÜBER ALLES !
ÜBER ALLES, DINOSETO !

É un rexedor moi campechano
cun proghrama na televisión
que sempre fala o castellano
perdón, que sólo habla español

Converte sebes en dinosaurios
pon escaleiras con motor
aparca barcos nas rotondas
e atraca tráilers no espighón

DINOSETO, ÜBER ALLES !
ÜBER ALLES, DINOSETO !

O Dadaísmo Populista
sonche risas, non ta mal
pero haiche contos máis chistosos
coma aquel de que a Movexvial

Condenada nas 5 Jotas
por delincuencia fiscal
no Formigón investigada
agora xa como Civis Global

deulle o Plan E e deulle o barco
as escaleiras e un Pavillón
e a Dinoseto só lle imputan na Patos
unha pluma e un reló

DINOSETO, ÜBER ALLES !
ÜBER ALLES, DINOSETO !

credits

released September 24, 2016

license

tags

about

arremecághona's produçións Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact arremecághona's produçións

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like arremecághona's produçións, you may also like: