1. |
face a
23:36
|
|
||
a) 1. iso do si os sinos non tocaron / e inda é pola mañán / madruga para os pasos / e ponte a camiñar / nada tiveches nas túas mans / se algunha vez criches que si / foron cadeas nada máis / de ouro ou ferros, nons ou sis / de aquí a máis alá / a terra é toda para ti // sen o nó do non / sen iso do si / non somos se non / o sino, non si? // non si que agora mesmo / o aire do mencer / revólveche os cabelos / ser libre éche o que ten / podes tirar pra aquí ou pra alí / podes ser quen ti queiras ser / ter os principios como fin / a enésima primeira vez / plantáreste sen fin / para ser mente de vencer // alanca polas leiras / asáltalle os frutais / aos ricos, a quen queiras / apréndelle a saltar / os marcos das explotacións / agora son conceptuais / o monstro non é o narrador / de todo o que che está a pasar / non veñas coa mesma canción / respira, empeza a improvisar //non a...
2. non e telo, telo todo ti / e non o queres dar, non tal / non ho / e lo de vello hasme dicir / se podemos compartir / o sol / onda min non vas estar / podes telo todo e mais / non terás perdón / non // cando miro para ti / dáme por pensar que si / que boh / que non che hai máis para onde ir / sempre acabamos por vivir / nunha prisión / pro pra min é o corazón / e pra ti é un caparazón / sabes que é o amor? / sabes o do amor? / sabes do amor? / si ou non? // e éche igual mil ca un millón / de ouros, vivos, mortos / ou cancións / e ladro, ladro o meu rancor / pero ti inda es o máis / ladrón / deste lado do terror / aínda somos máis ca vós / e non hai rendición / non
3. son un piñeiral xa dendes de vicente risco / sabotaban a castelao / fixeron do nacionalismo / algo máis ca un oficio / co que especular / e é que ao fin e ao cabo o abeliño / e caín tamén eran irmáns / amarme, amaime, amádeme / son un liberal / fun nacionalista / logo nacional // pra combater o fascismo / a socialdemocracia é o tal / contra o nacionalsocialismo / piñeiro coa cia / e con scotland yard / contigo pariu, ramonciño / o psoe un psdg / amalo, amaino, amádeo / era un liberal / mutou o galeguismo / en tumor cultural // con carlos casares, garcía / sabell ou benxamín casal / abrazan un estatutiño / de autoagonía constitucional / postiños para os galeguiños / en galaxia, o cirp e o ccg / amalos, amainos, amádeos / son uns liberais / é o piñeirismo / institucional // e cando prenderon ao ferro / a rag era xa un piñeiral / só renunciou manuel maría / entre a f e a u sempre houbo un pg / de fernández del riego á academia / inda hai máis, hai un ppdg / a caverna de tabernas / é dos liberais / coma o parlamentiño / e a tvg // nos 80 pra nós xa era tarde / pero non para a trepa-nación / con albor e con fraga iribarne / a normalización sae nun diñeiral / repartido entre comprar aos medios / e manter a crtvg / amalos, amainos, amádeos / son os liberais / é o proteccionismo / neoliberal / o triángulo inscrito no círculo / tédelo que amar // xacando veu o bipartito / marisol, que non daba pra máis / pero ao gañar frijolito / abducides ao anxo lorenzo e aí o vai / cun decreto de plurilingüismo / declarado inconstitucional / amalo, amadlo, i'm loving it / he's a liberal / viva o cosmopaletismo / e o aldeán global // maréame ese compromiso / por galicia e mais co capital / freixanes dille a monteagudo / alfa omega, abc e ferrín fóra da rag / co consello, o piñeiro e o ilga / charo, ferro, villares e xs máis / haivos que querer así / sodes liberais / máis ca neopiñeirista / galicia! / cada día máis linda máis linda / cada día mellor e mellor / é un piñeiral
4. camarada viña un día de decembro / do turonio a matamán / polo monte a conducir / do san campio ao cemiterio / que hai alí // abeirando o monte alba / pola banda do solpor / a ras por diante de min / pola estrada contra a esquerda / auñaches ti // mirei e eu ía a 50 / polo asfalto / pero ti / antre toxos, fentos, xestas / ías polo monte adiante / a par de min // compañeiro porco bravo / camarada xabaril / porco fero, meu irmán / cocho bravo, meu marrán / xabarín // foron só uns 50 m / 3’’, pouco máis / pero ollámonos de esguello / nun tris pra recoñecermos / como irmáns // eu no meu corpo de lata / e ti co teu / corpo de porco a alancar / eras ti eu sen a coiraza / desta vida que delata / o meu mal // bacuriñxs nos chamaba / meu pai a min e a miña irmán / pero teño a pel pelada / esquecéronme os pezuños / do animal // (...) xa pra min // que nunca fun branco abondo / tanto fun me embuligar / que quedei en medio cocho / non fun bravo e fun un porco / nada máis // enzoufado até a crina / na maseira do meu ser / aínda hai un tourón por dentro / desta freba brava e cocha / que son eu // contra o último cavorco / man a man, humano e porco / eu máis ti // dende agora até a fin / somos irmanciño ti / e eu descontra todo e todos / contra o mundo e sobre todo / contra min
5. o paseo anque estou preso na cárcel / non teño pena por eso / nin deixo de ser quen son / nin fun o primeiro preso // preso na cárcel estou / arrimado a unha columna / e ti non me vés a ver / corazón de pedra dura // ai, e na porta da cárcel / non te poñas a chorar / onde non me quitas pena / ai, non ma veñas a dar // aluméame, luíña / aluméame, luar / que me van a pasear
|
||||
2. |
face b
22:16
|
|||
b) 6. x guerrilleirx when they crossed across the border / i was cautioned to surrender / this I could not do / i took my gun and vanished // i have changed my name so often / i have lost my wife and children / but i’ve many friends / and some of them are with me // an old woman gave us shelter / kept us hidden in the garret / then the soldiers came / she died without a whisper // there were three of us this morning / i'm the only one this evening / but I must go on / frontiers are my prison // oh, the wind, the wind is blowing / through the graves the wind is blowing / freedom soon will come / and we'll come from the shadows // les allemands étaient chez moi / ils me dirent, “résigne toi” / mais je n'ai pas pu / j'ai repris mon arme // j'ai changé cent fois de nom / j'ai perdu femme et enfants / mais j'ai tant d'amis / j'ai la france entière // un vieil homme dans un grenier / pour la nuit nous a caché / les allemands l'ont pris / il est mort sans surprise // ao pasaren pola raia / quixeron que me rendese / pero non me dei / collín a arma e funme / fun fume // tiven xa máis de cen nomes / xa perdín muller e fillxs / pero o meu fogar / é a terra toda // deunos unha vella acocho / no tellado da cachopa / fórona prender / morreu sen dar un chío // á mañán eramos 15 / somos só 3 esta noite / mais hai que seguir / pra nós non hai fronteira // un vento vén, aí vén o vento / un vento vén, por antre as tombas / vén a liberdá / sairemos de antre as sombras
7. blue monday ... hai un rumor que se converte / pouquiño a pouco en sons / entendes trump, bolsonaro, hungría, orbán / le pen, salvini, afd, vox / berras banzai / pero que mecagoindiós / cun kalashnikov de ar / lembras que pos / a cope pra espertar / pra pórte en pé é a millor // e vas / do colchón para o sofá / almorzas vendo ¿como o fan? / lavas os dentes, cospes, marchas / traballar / levantar / a nación // no choio / na hora do café / arrancas para o bar / la voz, el mundo / o correo, o abc / y el país de nada más / danlle a ue / ao fmi / e ao banco mundial / hache acordar / a morreres / na padiola / das urxencias / do hospital // e vés / de volta para traballar / xantas fozando na internet / lavas os dentes, cospes, marchas / pró sofá / topenear / no salón // volves en ti / co programa de ana rosa / bourando na tv / el casoplón / de irene y pablo es / de una herencia de un millón / non se ven / os millóns de refuxiadxs / lonxe de galapagar / florencia e nápoles / palermo e parma din / que as pateras pasarán / non pasa ren / que se as pateras pasan / non será por mediaset // e irás / tomar o pincho até o bar / que xa che val para cear / lavas os dentes, cospes, marchas / pró colchón / pra intentar / adormecer // viñeches / dar mirando o twitter / cun dato aterrador / 2018 / nunca ben durmiches / sen lle dares duro / ao alcol / 54 / mulleres, 2 nenos / 5 nenas, 6 por non / parella ou ex-parella / e 2 homes só // aquí // no estado español / remoes isto pra durmir / rinchas os dentes, cospes, manchas / co teu sono / o cobertor / do cabezal // e hai / hai uns sons que se converten / pouquiño a pouco en rumor / la voz, ol mundo, o abc / e ai / irene y pablo, un casoplón / millóns de euros ou persoas / e hai / millóns de mortes e cancións / mulleres, nenos / nenas, homes / e hai / twitter no estado español / algún remorso de existencia / e ai...
8. terra chao esta mañán / eu levanteime / na terra chá / e atopei ao invasor // ei, guerrilleira / quero ir contigo / pra a terra chá / porque me atopo aquí a morrer // e se eu morro / de guerrilleira / na terra chá / colle na man o meu fusil // cava unha foxa / lá na montaña / ou / na terra chá / ao abeiro dunha flor // e cando pasen / as guerrilleiras / da terra chá / han de dicir “que bela flor // esta é a flor / da guerrilleira / da terra chá / morta pola liberdá”
9. may may the beginning be the word / may it create heavens and earth / may no more in the name of god / be never even the first death / and may it all / be the basis of all faith / maybe the future of us all / maybe before it is too late / and may / we know // that’s the way to be loving ours / to believe in yours / to be loving all / and that’s the way / i’ll believe in ours / i’ll be loving yours / i’ll believe in you / all // may we practice the zakat / to be brethren in faith / thou shalt love thy neighbor / hood / as maybe you do love thyself / thou shalt not kill / maybe it’s like killing yourself / may we remember all in all / our beginning was the same / and may / there be / no more shame / ‘cause // i’ll believe in all / of you // may no more children fall asleep / not knowing if they will be dead / may our children get to know / maybe we’re killing their best friends / and may we all / find for us all a better way / to keep on being human beings / and the commandments of all faiths / and may / within it all / end hate // i’ll believe in all / gods
10. outubro 17 non hai máis novas da avangarda / ca as que nos dan pola televisón / como serán as barricadas / da dignidade al segle vinti-i-un? / non pasarán ás nosas aulas / aquí hai colexio electoral / que en democracia vaivos dar / unha lección // eu nunca vin un pobo en pé / se non cando berrase nunca máis / quedaron fotos das encrobas / e na memora o frente popular / son irmandiñxs da fusquenlla / tataravxs dun mártir de carral? / a dignidade desta terra / volverá // se algunha vez vin barricadas / foi o 1-O na televisión / 1000 barricadas de miradas / 155 represións / contra o poder non poden nada / cando se adxectivou de popular / xa se activou a madrugada / de mañán // lluis llach, abril 74 / sempre me emocionou esa canción / que di “quan guayem el combat” / falándonos doutra revolución / lonxe no tempo e mais no espazo / pero metida en cada corazón / pra quen souber que o ser humano / é ser / mos // lluís llach, abril 74 / tres meses antes, o ano en que nacín / que foi un 14-X / doutra revolución que nunca vin / pela revolução dos cravos / sei para sempre que sempre é abril / i octubre ara / i que tremoli / l’enemic 0. que que no principio fose a verba / que cree a terra e mais os ceos / que non haxa unha morte máis / ningunha no nome de deus / que sexa asi / a base igual de toda fe / futuro igual pra todxs nós / antes que non quedar ninguén / que / así é //así é como o miro eu / como lles quero aos meus / ou como creo nos teus / e así é / como creo nos meus / como lles quero aos teus / que podo crer en ti / e eu // que practiquemos o zakat / para nos ser irmxs de fe / que ames o próximo de ti / coma a ti mesmx e mais os teus / non matarás / que é matares un teu eu / tres credos e a mesma raíz / cristián, islámico, xudeu / que sexa así // ou así é / como o miro eu / ou como creo nos meus / como lles quero aos teus / e así é / como lles quero aos meus / ou como creo nos teus / como te quero a ti / meu // que xs nenxs non vaian durmir / sen non saber se van morrer / ou / saber se non imos matar / os millores amigos seus / e / ogallá / outro camiño pra manter / a nosa condición huma / na / e / os mandamentos de tres fes / que / así ha de ser // e así é / que podo crer en tres / deus
|
If you like sé [mente de vencer], you may also like: